lunes, 15 de mayo de 2017

A visita (Verderón 5)

Por as ventás abertas chegaba a voz da bola que llaricaba nel xardín mentras Naya acababa de fer as tareas que ye tocaban na casa; a bola taba cantando coplas qu'aprendera de nova, condo iban andando a todos llaos y animaban el camín con cantos y contos, y á nena prestábaye sentillas. Condo tocaba un estribiyo conocido cantaba tamén ella y, se a madre andaba cerca, acompañábalas, acabando por fer un coro qu'enchía de voces todas a casa.
- Bús días. ¿Ta Naya? - entróu tamén por a ventá a voz de Sara.
- Ta, nía - suspiróu úa queixa a bola, señal que xa llevaba un pedazo escuruxada arrancando herbas: - ¡Ui! ¿Qué dormiche sentada pra nun desfer a trinca? - río al acabar d'erguerse y mirar pra nena.
- Non, peró nun la desfixen y amañóuma un pouco má... - callóu un bocadín, antias de dicir; - Y eso qu'á mía bola nun ye fixo miga de gracia verma y taba toda tolla porque la quitase - miróu pra Inés, sin atreverse a perguntarye porqué.
Río a veya con ganas al responderye:
- Eso xa lo sabía eu... ¿Pos nun ibas ben guapa?
- Eso ye dixo má y ella quedóu roñando un bon pedazo, hasta que meu bolo cansóu de sentilla y botóu un bufido que l'apandóu...
Volvéu rir Inés:
- Ben sei que condo Carlos tuse, ella estornuda, por se ascaso...
- Nun sías ruía, Inés - tercióu Pacho, salindo da bodega: - Bús días, nena. ¿Dixéronche algo por tardar tanto ayer y nun ir merendar a casa?
- Col conto da trinca nun me dixeron nada, que tamén sabían únde taba. ¿Baxará Naya?
- Vou, nía, vou, que tou acabando el llabor... - respondéuye el amiga desde riba. Asomóuse recoyer as alfombras que puxera na ventá y vío chegar a daquén: - Ois, Sara, ven ei tou bolo.
- ¡Debe tar el demo fendo mazarocos pra que chegues tú andando! - foi el saludo que ye deu Pacho.
- Di miyor que lleva roñando toda a mañá... - replicóu Carlos, indo sentarse al poyo: - ¡Bús días, que nun durmimos xuntos!
Salío á ventá a madre de Naya, sin acabar de crer que chegara el vecín á porta, tan raro era vello pasiando y máis inda de visita. Ríose pra ella al ver qu'el sogro ye fía a cigua coa mao y respondía Carlos cúa risada:
- A ese demo ye fai efeto a cigua...
- ¡Bulito! - protestóu Sara.
- Sí, mía nena, sí. "Bulito", peró á túa bola nun hai conxuro que l'apande condo s'encabrona. Y búa tá col demo da túa trinca, que nin que pintases el pelo de verde y nunca máis se che fora el color.
- A Pepa nunca ye gustaron as mías trincas - salío del xardín Inés, quitando os guantes.
- A Pepa nun ye gusta nada qu'outro faiya miyor qu'ella - tercióu el home, chigándoye un oyo á neta.
- ¿Pasas ou sácoche un café, ou un vino, ou... ¿qué? - ofrecéu Inés, abrindo a porta. Como Carlos nun respondía, mirando pral vecín, chamóu: - Nena, sube tú ver a Naya y axúdaye, qu'entre as dúas acabaredes máis axina.
Obedecéu Sara, colándose por a porta entreaberta pra deixar a os veyos solos coas súas cousas, que xa taba un pouco farta de vellos rirse de súa bola, por muito que lo merecese. Acabóu por sentarse Pacho xunto al bolo de Sara y perdirye que trouxera un vino a Inés.
- El meu con gasiosa... Un tinto de brao, que ye chaman agora... Vosoutros rídesvos, peró tá búa a veya estos días: primeiro col bon de valleirar a casa de Saría pr'amañalla, que se por ella fose, deixaba que cayese, y ayer que ye chega a neta peñada das maos d'Inés, ¡nun hai quen pare al pén nin por cerca d'ella! - quixo queixar Carlos, peró acabóu botando úa risa: - Nin despós de morta pode col envidia que sempre ye tuvo a Saría y agora tómalo con todo conto ya recorda.
- Y vas tú, y véis de visita - apuntóu Inés, que chegaba col vino: - Xa ven mezclado coa gasiosa y fresquín... - repartíoyes os vasos y botóu vino pra os tres antias de sentarse entre os dous homes.
- Éste nun é el clarete que nos poñían antias - saborióu el vino Carlos.
- É que, as máis das veces, aquel era máis augua qu'outra cousa - asentío Pacho.
- Y máis valía. Que con esas y todas menudas tarascadas coyían - rematóu Inés.
- Mezclaba pior, con tanta augua... - ríose Pacho. - Agora hai miyor vino. Ou máis refinado, nun sei. ¡Peró ta ben bon así!
Quedaron un bocadín callados, saboriando tanto a bebida como a mañá guapa que taba á sombra da casa.
- Mándanos má trervos esto, nun vayades empiriquitarvos col vino - saliron as nenas trendo cada úa un plato, ún con queixo y pan y outro con xamón y chorizo.
- Ai, agora sí - aplaudío coa mao valleira contra a perna Carlos: - Vou ter que vir máis a cotío vervos, tratándome así...
- Nun t'acostumbres que é por a novedá de verte de visita. Como veñas máis, han acabarse os convites - embromóulo Inés.
- Iba estrañarme ben: nesta casa sempre tán as portas abertas y hai un vaso y un corteyo pral que chega - brindóu Carlos col vino y un pedazo de queixo.
Responderon os da casa erguendo os sous y, cumplido el rito, atrevéuse Pacho a perguntar:
-¿Y na máis te trai el escapar del xenio de Pepa?
Inda déu un trago al vino antias de responder:
- Máis qu'escapar veño pidir axuda. - Pousóu el vaso xunto a él y pasóu as maos por as perneiras, acabando por deixallas nel pico das rodiyas: - Vosoutros conocéisla desque nacéu, sempre foi... especial, por decillo suave, peró estos días ta que nun hai quén la entenda. Y nun é que os da casa nun temos afeitos ás súas rarezas, peró é que agora nun ten acougo de ningún xeito, - coyéu aire antias de siguir: - Ben sabedes qu'a mín nun me tuse, peró vémosla mal... pior que sempre... - callóu y quedóu mirando pral tarrén hasta que súa neta  se y'arrimóu, féndoye sentarse ben pra poder ella sentárseye a medias núa perna y abrazallo un pouco.
Miróuse el matrimonio, calibrando cónto contarye del que sabían que ye pasaba a Pepa. Arrancóu al fin Pacho, sacando os avíos de fumar y ofrecéndoyos al vecín:
- Téis razón que Pepa sempre foi especial... Nunca se parecéu miga al ermá... - deixóu que calase el que ye taba dicindo: - Ben lo sabes tú. Peró tamén é verdá que muito é así porqu'ella quixo... - volvéu coyer alento: - Empeñóuse en amargarye a vida al ermá y xa viche tú el caso que ye fía Saría. Peró agora fáltaye...
- Xa vei pra cinco anos y é agora condo nun podemos con ella - interrumpío Carlos.
- Sí, ho. Peró é que é agora condo tá salindo el historia de Saría: valleiran a súa casa pr'amañalla. Y ben sabes tú que por Pepa taba miyor cayida. Y esta Sara, súa neta, cada punto soméñase máis al outra, ¡hasta ven pasar as tardes coa nena d'esta casa! - prenderon os cigarros os dous homes col mismo misto. - Y ayer Inés faiye úa trinca como as que llevaban ellas condo eran novas.. - deu úa calada fonda. - Igual tú nun lo sabes, peró condo eran nenas, a Pepa rapáranye el pelo por úa plaga de pioyos qu'houbera nel escola, así que a ella nun había xeito de ferye nin trincas nin outra cousa... Y pra mín qu'ei empezaron as envidias y el malquerer al ermá.
- Pode qu'empezaran ei y que nunca la quixese ben, peró el qu'eu nun entendo é que se volva agora tolla...
Volvéuse Pacho á súa muyer pra que mirase d'esplicaryo ella:
- Morío Saría y parecéu quedar en paz, ¿verdá? - asentío Carlos: - Pero agora tá pior que nunca contra todo lo que ya recorda: a casa, esta Sara, a trinca... - volvéu dicir que sí coa cabeza el home y miróu Inés ás nenas: - Vou dicirche úa cousa, peró nun quero que me perguntes máis del que che diga, ¿tamos? - sacudío outra vez a cabeza Carlos: - Ben sabe Pepa que fai anos fíxoye úa trasnada mui gorda á súa ermá; igual pensóu que naide lo soubera y quedóu tranquila. Al valleirar a casa, apareceron cousas que Pepa nun sabía que taban guardadas, ou nun quería pensar que puidesen tar, y eso esmólela y faiye pensar nel que fixo y que, igual que Saría sabía y callaba, outros tamén podían sabello ou non, peró agora tá segura de que todo conto mal fixo y quixo ferye al ermá pode cayerye enriba...
- Vamos: que ye pesa a concencia... - apuntóu el home.
- Nun sei se ye pesa ou non, peró osma que ye vei pesar y eso vólveseye en piores xeitos con todo conto ye recorda a Saría y el que fixo - erguéuse Inés, disposta a recoyer os vasos y a boteya y marchar pra dentro.
- ¿Y vosoutros sabedes qué fixo?
Volvéuse a muyer como se la picase un allacrán, botándoye úa mirada al vecín que ye fixo encoyerse nel poyo:
- ¿Nun quedamos que nun ibas fer perguntas? - dixo que sí el home, botánsoe pr'atrás pr'apartarse da muyer: - Pos nun che importe se sabemos ou non, que nun cho vamos contar... - ríose de medio llao: - Ha contarcho ella, ha...
El última frase sonóu tanto a amenaza que hasta Pacho respingóu, quedando todos callados mentras Inés marchaba.
Al pasar xunto a Naya, qu'iba coyerye algo del que llevaba pr'axudarye, recuperóu a risa amable de sempre:
- Non, deixa, que lo llevo eu. Tú vei con tou bolo que debe ter algo qu'ensinarvos ás dúas.
- Sí, eso, - aprobóu Carlos: - y eu vou acabar el paseo, a ver si clarióu el tempo na cocía de casa. Nun tardes muito en ir xantar, nena, nun vaya prender outra vez a mecha túa bola.
Erguéuse el vecín pra marchar y Pacho pra despedillo y llevar con él despós ás nenas al cuarto das ferramentas. Na más entrar, xa viron as amigas el qu'el bolo fixera coas pedras qu'a víspora ye deixaron: nel pico da mesa recoyida case brillaban del pulidas que las deixara; as tres con un fucaquín entre dúas das foyas que parecían dibuxadas n'ellas.
- Tedes que buscar un cordel ou algo pra colgallas del pescozo. Nun quera que andedes con Verdi por ei sin llevallas postas, ¿tamos? - sacudiron obedientes a cabeza as dúas.
- Igual má ten algo que nos vala... - propuxo Naya.
- Igual sí. Ide perguntarye... - antias que marchasen, añadío: -Tampouco ella necesita saber pra qué queredes os llazos con muito detaye...
Nun tardóu muito súa nora en buscaryes ás nenas con qué fer ús collares, que tal ye pediron, nin quixo saber qué iban colgar d'ellos, sabendo qu'eran cousas nas qu'os bolos da casa llevaban parte. Desqu'empezara a cortexar col qu'agora era sou home, sentira contar muitas cousas de Inés y Pacho y axina aprendera a nun fer muito caso y menos inda perguntar: chegábaye con saber que nunca mal ye fixeran a naide, muito menos a ella nin a súa fiya, que ben la quixeran desd'a primeira oyada que ye botaran.

No hay comentarios:

Publicar un comentario